Peter Pan estivo en Tui 2016

Este Domingo, 21 de Febreiro, estivemos en

As 6:30 da mañá sona o despertador, por sorte síntome plenamente descansado.

Hai que espabilar pois a masa xa está fermentada no frigorífico e toca formar os bolos para deixar a bandexa preparada ata que o forno alcance os 210 grados.

40 minutos de forneado e xa está todo listo para montar o posto na Corredoira e esperar que a xente anímese a visitarnos na feira de San Carnaval.

Fantástica acollida coa inestimable colaboración da organización: Minchu Antiguedades e Belén Ppart; o Concello de Tui con inchables para nenos; e co reclamo do desfile de carnaval.